Na materia de tecnoloxía, o alumnado deseñou un anemómetro baseado no efecto Hall e controlado con arduino. O sistema de captación da velocidade do vento está formado por 3 vasos que a modo de aspas recollen a velocidade e están unidos a un eixe sobre o que xiran. Para contar o número de voltas, colocouse un imán nun dos vasos e cerca do mesmo un sensor magnético, de xeito que o número de veces que se produce o efecto magnético será tamén o número de voltas do anemómetro. Mediante unha placa controladora de arduino, creouse un programa para contabilizar o número de revolucións por minuto (r.p.m.), e se introduciu a fórmula da lonxitude da circunferencia que describe cada volta para obter así o resultado da velocidade do vento en km/h, que é o valor que se pode apreciar nunha pantalla LED incorporada.