sábado, 6 de abril de 2024


O Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia propón neste curso a actividade educativa "Protexe o teu medio" (Plan Proxecta) na que está a participar o noso Centro. 
Esta semana, o alumnado de 2º ESO na materia de FQ, levou a cabo a análise das augas pluviais recollidas durante a Semana Santa, e tamén unha mostra da auga da fonte do Centro para comparar e indagar se pode ser apta para o consumo.
Concretamente estudáronse os seguintes parámetros: fosfatos, nitritos, amonio, pH, cloro, carbonato, a dureza total e a temperatura.