xoves, 20 de xuño de 2024




O proxecto Meteocolmeiro contou cun "stand" propio na feira da ciencia do centro, celebrada a finais de curso. Varios alumnos explicaron as actividades realizadas ao resto da comunidade educativa.

Na materia de tecnoloxía, o alumnado deseñou un anemómetro baseado no efecto Hall e controlado con arduino. O sistema de captación da velocidade do vento está formado por 3 vasos que a modo de aspas recollen a velocidade e están unidos a un eixe sobre o que xiran. Para contar o número de voltas, colocouse un imán nun dos vasos e cerca do mesmo un sensor magnético, de xeito que o número de veces que se produce o efecto magnético será tamén o número de voltas do anemómetro. Mediante unha placa controladora de arduino, creouse un programa para contabilizar o número de revolucións por minuto (r.p.m.), e se introduciu a fórmula da lonxitude da circunferencia que describe cada volta para obter así o resultado da velocidade do vento en km/h, que é o valor que se pode apreciar nunha pantalla LED incorporada.



Dende o departamento de educación plástica e visual propuxeron unha actividade que consistía en debuxar con papel de calco as formas previamente fotografiadas do ceo, as nubes,... 

Ademais, algunhas das láminas enmarcáronse para adornar zonas do centro. Velaquí tedes algúns exemplos. 

Despois de recoller os datos de temperatura e chuvia no noso observatorio escolar, queremos facer un estudio dos valores obtidos, xa que poden darse diferenzas significativas respecto dos valores doutras estacións cercanas. Así, elaboramos unha actividade para resolver cos alumnos de 3º ESO e que consiste en facer unha regresión lineal a partir dos datos extraídos da AEMET en Silleda.

O motivo de elexir esta estación foi a cercanía á do noso centro (altitude e latitude semellantes). Introducimos os datos nunha folla de cálculo ou ben na calculadora (os días que faltan son os que non houbo clase).
                   
Debuxamos a nube de puntos dos valores de temperaturas mínimas e máximas de ambas estacións, e achamos a recta de regresión, ademais dos valores dos coeficientes de correlación R e de determinación R2


Podemos observar varios días nos que as medicións son moi dispares, así que obtamos pola súa eliminación, mellorando deste modo o valor de R. Os días "atípicos", en verde e amarelo, son o 26/2, o 5/3 e o 11/3.
Así que, unha vez correxidas, as gráficas das temperaturas quedan do seguinte xeito:


Es os resultados estimados das temperaturas máxima e mínima na estación do Colmeiro, unha vez eliminados os datos atípicos, durante a fin de semana do 9 e 10 de marzo son: 


Alumnado de 3º ESO calculando, coa axuda dunha folla Excel, a regresión lineal correspondente aos datos extraídos da estación da Aemet en Silleda e os medidos na nosa estación:

martes, 18 de xuño de 2024

                                   

                                      


                                 
Gran traballo do alumnado de 4º ESO no que empregaron coñecementos de química e inglés para levar a cabo unha análise integral da auga da chuvia. Parabéns!!



Alumnado de 1º ESO elaborando o climograma de Silleda no ano 2023 cunha folla de cálculo. Os datos foron previamente descargados de internet.

xoves, 23 de maio de 2024


O alumnado de francés de 1º BAC preséntanos esta completa sinopse sobre meteoroloxía.